Premios cacarexo 2015

Premios 2015

Despois de valorar varias candidaturas a AC Cacarexo  decidiu  otorgar o premio  que leva o seu nome ó colectivo ASPAMSIM, dende logo con moita satisfacción por parte da Asociación Cacarexo, polo merecido por parte do premiado.

ASPAMSIM , e a Asociación de Pais e Nais de Persoas con Minusvalía Psíquica do Morrazo, prestadora de Servicios Sociais sen ánimo de lucro. É unha entidade creada no 1988 para loitar pola integración social dos seus fillos e fillas, polo que levan 27 anos cunha meta moi clara: consequir a normalización das persoas con discapacidade e formentar o valor social de ser diferentes e esforzándose porque a sociedade acepte a complexidade do que significa ser diferente.

Así que xa sabedes o día 19 de Decembro (sábado) , no Centro Cultural de Coiro as 20:00 horas, levarase a cabo o acto de entrega do premio “CACAREXO 2015” a entidade ASPAMSIM. Estades tod@s convidad@s.

Magosto 2015

12279041_896299090484757_7016271443405763380_n

O vindeiro sábado 28 de novembro terá lugar como cada ano o magosto organizado pola ACF tromentelo, AC Cacarexo e a Xunta de Montes  de Coiro. Será un evento con música en vivo, bebida, e como elemento central a castaña asada que será a protagonista da tarde.

Contamos coa vosa presencia para pasalo un ano máis en grande, deixando a vergoña na casa para choutar, tocar e bailar.

 

SANTA CECILIA 2015

O próximo 21de novembro terá lugar uFB_IMG_1447846835953n pasarrúas con pequenos concertos polo núcleo urbán de cangas co motivo dunha festividade para os músicos, trátase da festividade de Santa Cecilia, patroa dos músicos.

Como vimos facendo nos últimos anos faremos un percorrido polas rúas céntricas de cangas para amenizar as rúas e mostrar a nosa devoción pola patroa.

Como sempre convidamos a todo alquel que queira a desfrutar con nos desta data tan sinalada.

 

Voltamos ó traballo

escuela

Estamos de boas novas no seo da Banda de Gaitas Tromentelo, temos o gusto de anunciar que a nosa escola volve a carga.

Se por algo destaca esta asociación é pola súa escola, escola na que aparte de ensinar a tocar un instrumento musical aprendense valores da música tradicional así como distintas curiosidades que enriquecen a aprendizaxe do instrumento e fan máis amenas as clases.

A banda de gaitas nútrese en case a súa totalidade de alumnos da escola, ese é un dos segredos da continuidade de Tromentelo para seguir actualizada día a día, por iso se queres tocar con nos apúntate a nosa escola, e se o teu afán e simplemente a aprendizaxe dun instrumento non dubides de contactar con nós.

Os horarios están a vosa disposición no apartado escola: Horarios Escola

Xa sabes, nunca é tarde pra aprender a tocar un instrumento!

XVIII FESTIVAL TROMENTELO

11896109_852646161516717_4845406882132578266_n

Como cada ano, dende o seo da ACF Tromentelo, compartimos con vós o noso cartel do XVIII FESTIVAL TROMENTELO, nesta decimo oitava edición imos contar coa presenza dun grupo do outro lado da ría, concretamente cos nosos veciños da Asociación Cultural Traspés.

O día 29 de Agosto agardámosvos a todos na Praza de Ojea as 21:30

XXVI Festa do Muíño

Despois do inverno chega a primavera, con ela veñen as primeiras actuacións, o domingo día 10 de maio estaremos actuando na festa que nos viu nacer, na nosa parroquia, a partir das 12:30 actuaremos no entorno do muíño de Fausto. Quedades todos convidados a desfrutar coa Banda de Gaitas Tromentelo no noso concerto, e tamén no resto da festa.

.

 

Os máis cativos poderán desfrutar tamén o sábado pola mañá da festa da pombiña organizada pola nosa asociación, na que haberá un colchon inchable para divertimento dos nenos.

Entroido 2015

10968452_733852340062767_545685274979764727_n

O vindeiro día 15 terá lugar o “Enterro do Loureiro” nome co que se coñece o entroido en coiro, neste pasarrúas percorrerase parte da nosa parroquía, pasando por lugares como Retirosa, Castrillón, Boubeta, Miranda, Igrexario e a Devesa para rematar outra vez na Retirosa.Ó final do pasarrúas seguirá a festa nas instalacións do antigo parvulario da retirosa.

A orixinalidade dos disfraces será premiada nun concurso ó mellor disfrace. Así que agardamos que traias ganas de pasalo ben para desfrutar destas datas únicas como son as do entroido.

 

BO NADAL

Dende a Asociación queremos agradecer a todas as persoas que estivestides ahí durante este ano: compoñentes, ex-compoñentes, socios, colaboradores, pais e nais, seguidores e amigos. GRAZAS por formar parte desde proxecto, por axudarnos, e por compartir con nos grandes momentos. Esperamos que estas datas as pasedes e celebredes cheas de ledicia coas vosas persoas máis queridas. O vindeiro ano será… Ler máis →

Santa Cecilia 2014

O próximo 22 de novembro terá lugar un pasarrúas con pequenos concertos polo núcleo urbán de cangas co motivo dunha festividade para os músicos, trátase da festividade de Santa Cecilia, patroa dos músicos. Como vimos facendo nos últimos anos faremos un percorrido polas rúas céntricas de cangas para amenizar as rúas e mostrar a nosa devoción pola patroa. Como sempre… Ler máis →

Magosto 2014

 O vindeiro sábado 15 de novembro terá lugar como cada ano o magosto organizado pola ACF tromentelo e a AC Cacarexo. Será un evento con música en vivo, bebida e como elemento central a castaña asada que será a protagonista da tarde. Contamos coa vosa presencia para pasalo un ano máis en grande, deixando a vergoña na casa para choutar,… Ler máis →