Tromentelo é outra historia

Somos un colectivo que nos adicamos a conservar e potenciar a cultura galega empregando para elo principalmente a música e a tradición. Seguimos en marcha logo 25 anos grazas á ilusión e ás ganas de seguir escribindo a historia, é dicir, conservando, recuperando e transmitindo este ben tan prezado ás vindeiras xeracións pero sempre sen esquecer o noso motor: os milleiros de experiencias que cada día compartimos entre nós, ¿súmaste?

Gala XXV Aniversario

14568089_1138655176249146_8482546375285949184_nO sábado 12 de novembro as 20:00 terá lugar a gala que pechará un ano moi especial no seo da Banda de Gaitas Tromentelo. Será unha Gala na que se lembre a historia da banda, dende os comezos ata a actualidade.

O evento será unha actuación de Tromentelo xunto con artistas convidados nos que se tocarán pezas que marcaron parte da historia da banda ben por ser un tema o cal se tocou durante moito tempo ou porque marcou un antes e un despois na banda.

Os músicos convidados son: (Se pica enríba do nome poderá ler unha pequena biografía do convidado)

Rodrigo Romaní

Anxo Pintos

Begoña Riobó

Antón Varela

Xosé Liz

Anxo Lorenzo

Coral Polifónica Areas Gordas de Coiro

O evento terá lugar no Auditorio municipal de Cangas e a entrada ten un custo de 3€. O que se obteña das entradas irá destinado a sufragar os gastos correspondentes a gala.

Magosto 2016

14589575_1135094223271908_8527122947756432842_o

O vindeiro sábado 29 de novembro terá lugar como cada ano o magosto organizado pola ACF tromentelo, AC Cacarexo e a Xunta de Montes  de Coiro. Será un evento con música en vivo, bebida, e como elemento central a castaña asada que será a protagonista da tarde.

Contamos coa vosa presencia para pasalo un ano máis en grande, deixando a vergoña na casa para choutar, tocar e bailar.

Comezamos un novo curso!

Estamos de boas novas no seo da Banda de Gaitas Tromentelo, temos o gusto de anunciar que a nosa escola volve ó traballo.

Se por algo destaca esta asociación é pola súa escola, escola na que aparte de ensinar a tocar un instrumento musical aprendense valores da música tradicional así como distintas curiosidades que enriquecen a aprendizaxe do instrumento e fan máis amenas as clases.

A banda de gaitas nútrese en case a súa totalidade de alumnos da escola, ese é un dos segredos da continuidade de Tromentelo para seguir actualizada día a día, por iso se queres tocar con nos apúntate a nosa escola, e se o teu afán e simplemente a aprendizaxe dun instrumento non dubides de contactar con nós.

Os horarios están a vosa disposición no apartado escola: Horarios Escola

Xa sabes, nunca é tarde pra aprender a tocar un instrumento!

escola

XIX Festival Tromentelo

FESTIVAL-TROMENTELO-XIX-2016

Como cada ano, e xa van 19 edicións, o sábado 27 celebraremos o noso festival onde queremos amosar os froitos de todo o traballo feito ata o de agora.

Este ano contaremos con tres convidados. O primeiro deles é Anxo Pintos, músico cunha ampla traxectoria en distintas agrupacións relevantes para a nosa música podendo destacar entre outras Matto Congrio, Berrogüetto ou a Orquestra folk Sondeseu. Tamén vendrá a agrupación Inquedanzas Tui que é unha agrupación de baile galego cunha ampla traxectoria tanto ó longo da nosa xeografía como no estranxeiro. Por último contaremos co grupo Folk Gaveta, grupo que nace da despois de coincidir os seus compoñentes na E-Trad (Escola de música tradicional de Vigo), e posteriormente na Orquesta folk Sondeseu onde decidirán consolidarse como fomación.

Como novidade, este ano o festival será nos Xardíns de Andrea para así poder estar nun entorno máis tranquilo onde a única distracción sexa a nosa música e a dos nosos convidados.

XIV Serán do Muiño de Fausto

13092124_1021607291219797_7463037182556653456_n

E aínda coa resaca chuvosa da Festa do Muíño, xa vos propoñemos plan para esta fin de semana!. O vindeiro día 14 de maio a partir das 18:00 horas tendrá lugar o XIV serán do Muiño de Fausto no entorno do muiño de Fausto.

A diferenza de outros anos comeza antes xa que as escolas dedistintos colectivos de cangas farán as actuacións que non puideron facer o sábado pasado na festa do muiño. Cando eles rematen comenzará o serán con actuacións libres.

Como todos os anos poderánse degustar empanadas, ovos con miga chourizos e filloas. Cando a festa se acerque as 24h podremos compartir con todos vos unhas papas de fariña milla.

Como xa ven sendo tradicional nesta cita haberá un concurso de debullada con categoría infantil e adulta.

Estades todos convidados.

Agardamos a vosa presenza!!!!

XXVII FESTA DO MUÍÑO

montaje bueno

Como cada mes de maio chega a festa do muíño, este ano celébrase a XXVII edición, edición que será moi especial para a Banda de Gaitas Tromentelo xa que cumprimos 25 dende a nosa primeira actuación que foi nese entorno tan fermoso.

A Banda de Gaitas Tromentelo fará a súa entrada ó recinto da festa nun pasarrúas entorno as 12 do mediodía. A continuación mentras o publico goza duns platos feitos artesanalmente con fariña milla moida no muiño e do pregón, Tromentelo ameniza as horas previas ó xantar con pezas bailadas, de autor ou tradicionais e interpretadas con instrumentos solistas.

Como novidade este ano a Coral Areas Gordas de Coiro colaborará con nos cantando un par de pezas ó son da nosa música.

Como cada ano estades invitados a desfrutar con nos da FESTA DO MUÍÑO.

Progman - Interior

Charla Coloquio acerca das Bandas de Gaitas

a4charla

Co motivo de que hai xa 25 anos que comezamos a nosa andaina, o vindeiro venres 6 de maio as 21 horas, a ACF Tromentelo vai organizar unha mesa redonda onde cinco directores de bandas de gaitas farán unha análise da evolución desta forma de agrupación tan característica e con gran tradición na nosa terra.

Os participantes desta mesa redonda serán Antón Corral, Lito Gago, Pedro Álvarez Fariñas, Xaquín Xesteira e a nosa directora Sara Malvido. O moderador da charla será o antigo director e membro fundador da Banda de Gaitas Tromentelo Xaquín Camaño. A continuación describiremos os Ponentes.

  • Antón Corral: Mestre de mestres

Considerado un dos artesáns máis influentes na construción da gaita galega e un dos principais artífices da recuperación e difusión da mesma.

A súa labor de artesán desenvolveuna principalmente en dous puntos da xeografía galega Lugo e Vigo. O seu principal legado deixouno en vigo logo de dirixir o Obradoiro de instrumentos da Universidade Popular de Vigo que dirixiu ata o ano 2.000. Cabe destacar que Corral interesouse por perfeccionar a gaita, traballando especialmente no timbre e afinación do punteiro chegando a experimentar con novas tonalidades

No eido didactico aparte de fundar a Banda de Gaitas Xarabal, banda que serviu de espello para outras que se crearon con posterioridade, impartiu clases en moitos puntos da xeografía do País como Ortigueira, Lugo ou Vigo.

É unha persoa importante para Tromentelo xa que foi o padriño da Banda de Gaitas e foi el quen nos entregou o noso primeiro estandarte.

A súa longa traxectoria vese refrendada con distintos premios e galardóns como: Premio “Artesán distinguido” a nivel nacional (1977)  Primeiro premio “Diseño” do Ateneo de Ourense (1983). Primeiro premio “Gaita de Ouro” do Ateneo de Ferrol (1996). Nomeado Vigués distinguido en 2001.

  •  Anxo Gago  “Lito”: Gaiteiro Autodidacta e arranxista

Gaiteiro de longo percorrido, mestre e compositor.  É coñecido  por traballar e coidar os instrumentos e ensinar a tocar a gaita a novas xeracións de amantes da música tradicional galega na comarca do Morrazo. Autodidacta dende pequeno  que foi cando comezou a interesarse pola música tradiconal, ata os cuarenta anos non puido estudar no conservatorio.

No 1993, tras dar clases no colexio público do Hío, fundadou a Bande de Gaitas Manxadoira. Banda que dirixiu ata o 2007, momento no que lle encomendou as tarefas de dirección a Marcos Campos.

Na actualidade Tromentelo interpreta nos seus concertos a Muiñeira de Vilariño, peza composta por Lito e adicada a aldea de Vilariño.

  • Xaquín Xesteira: Gaiteiro, percusionista e arranxista

Gaiteiro que conta cunha ampla traxectoria na música tradicional e no mundo do Folk. Vinculado dende a sua infancia coa música tradicional, tivo como principal mestre o gaiteiro Nando Casal.

Cursou estudos de gaita no conservatorio Superior de Música de Vigo. Colaborou como gaiteiro e percusionista en grupos como Milladoiro Fuxan os Ventos e Na Lúa, tamén participou en traballos de Rodrigo Romaní e Malvela.

Membro da Orquestra Folk Sondeseu. Tamén é fundador do grupo Treixadura, director do Coro da Agrupación Cantigas e Agarimos e compoñente do Grupo de Gaitas Os Faiscas de Solobeira.

No eido lectivo, na actualidade, é profesor de gaita e percusión na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo. Ten publicado un Método de Gaita Galega en dous volumes.

  • Pedro Fariñas: Gaiteiro

Gaiteiro de pouca idade pero que xa conta cunha ampla experiencia no mudo Folk e música tradicional.

Iniciouse xa dende pequeno no ámbito da gaita. Cursou estudos no Conservatorio Prefesional de Música de Vigo onde acadou a Títulación Profesional na especialidade de “gaita galega”, no Conservatorio Superior de Música de Vigo obtivo a Títulación Superior na especialidade de Instrumentos da música tradicional e popular de Galicia. No Royal Conservatoire of Glasgow (UK) cursou estudos de highlandpipe, whistle e flauta irlandesa.

Na súa traxectoria musical formou parte da Banda de Gaitas Xabarabal onde chegou a ser solista, co-director e encargado da Percusión, tamén é membro fundador do cuarteto Anacos de Buxo ou TRIM. Participou como solista no MUSGAFOL (concerto de música académica galega para gaita de fol). Estivo vencellado a escola de gaitas da deputación de Pontevedra nas sedes de Lalín e Cangas. Actualmente é o director da Banda de gaitas e percusión María Soliña de Cangas.

Gañador de varios premios solistas de categoría mundial como o trofeo McCrimmon coñecido como o “Nobel da Gaita”. Tamén Gañou o Memorial Manuel Villanueva, 2009 (Poio), 2º premio no concurso Avelino Cachafeiro de Soutelo de Montes, 2011.

  • Sara Malvido: Gaiteira, percusionista e directora da Banda de Gaitas Tromentelo

Sara é unha música Polifacética, conta con formación e diversos ámbitos da música tradicional e ten experiencia en actuacións musicais en toda a xeografía nacional e festivais de renome a nivel internacional.

Comezou a idade de 12 anos a aprender música na actividade extraescolar do colexio de Coiro de gaita e percusión. A súa principal formación obtivoa na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, escola que posteriormente pasaría a ser e na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo (ETRAD). Destacan os seus estudos en Canto Tradicional (1998-2002), Percusión (2003-2005), Requinta (2007-2010) e Zanfoña (2012-actualidade). Tamén fixo estudos de Linguaxe Musical, Movemento escénico e Artes Escénicas.

Aparte de Ser membro fundador de Tromentelo, tamén fundou o grupo tradicional e folk Abaladoiro, Orquesta Folk Sondeseu e estivo enrolada na AC O Fiadeiro de Vigo como Pandereteira. Como compoñente destes grupos gravou e colaborou na gravación de traballos discográficos como “Mar de Vigo”, “Trastempo”, “Barlovento” e “Danzas brancas” con Sondeseu e “O fiadeiro” coa asociación que leva o mesmo nome.

Compaxina as súas labores de diretora na Banda de Gaitas Tromentelo con labores docentes en diversos colexios como mestra de actividades extra escolares.  Tamén imparte clases na Asociación Cultural Deportiva San Vicente de Trasmañó (Redondela), no que actualmente se formou o grupo A Tirapuxa, e no Centro Cultural Meirande de Rande (Redondela).

FESTA DA POMBIÑA

pombina16Como cada ano dentro do programa da Festa do Muíño a ACF Tromentelo organiza a xa tradicional Festa da Pombiña onde o elemento central desta festa son os flocos de millo feitos polos propios compoñentes da banda.

Como todos os anos haberá un castelo inchable para que os máis pequenos da familia podan desfrutar e realizaranse xogos tradicionales ó son da nosa música.

 

 

Entroido 2016

car16

O vindeiro día 6 de febreiro terá lugar o “Enterro do Loureiro”, nome co que se coñece o xa tradicional pasarrúas no que se festexa o entroido en Coiro, neste pasarrúas percorrerase parte da nosa parroquía, pasando por lugares como Retirosa, Castrillón, Boubeta, Miranda, Igrexario e a Devesa para rematar outra vez na Retirosa. Ó final do pasarrúas seguirá a festa nas instalacións do antigo parvulario da retirosa.

A orixinalidade dos disfraces será premiada nun concurso ó mellor disfrace. Así que, agardamos que traias ganas de pasalo ben para desfrutar destas datas únicas como son as do entroido.

Premios cacarexo 2015

Premios 2015

Despois de valorar varias candidaturas a AC Cacarexo  decidiu  otorgar o premio  que leva o seu nome ó colectivo ASPAMSIM, dende logo con moita satisfacción por parte da Asociación Cacarexo, polo merecido por parte do premiado.

ASPAMSIM , e a Asociación de Pais e Nais de Persoas con Minusvalía Psíquica do Morrazo, prestadora de Servicios Sociais sen ánimo de lucro. É unha entidade creada no 1988 para loitar pola integración social dos seus fillos e fillas, polo que levan 27 anos cunha meta moi clara: consequir a normalización das persoas con discapacidade e formentar o valor social de ser diferentes e esforzándose porque a sociedade acepte a complexidade do que significa ser diferente.

Así que xa sabedes o día 19 de Decembro (sábado) , no Centro Cultural de Coiro as 20:00 horas, levarase a cabo o acto de entrega do premio “CACAREXO 2015” a entidade ASPAMSIM. Estades tod@s convidad@s.