Xosé Liz

xosino-flauta-1-sepia-e1453025678384Xosé Liz é un músico multiinstrumentista que destaca pola súa habilidade coas frautas e os instrumentos de corda pulsada. A súa labor como músico vese complementada pola de compositor e arranxista.

Xosé Liz traballou en máis de trinta produccións discográficas con artistas da talla de Cristina Pato, Susana Seivane ou Rodigo Romaní.

Compaxina a súa tarefa como músico, productor, arranxista e compositor coa docencia na  e-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo) como profesor de frauta e corda pulsada.

Coa Banda de Gaitas Tromentelo tocará xunto Begoña Riobó a suite “Foxtrot” que é unha peza conmposta polo tema “Willafjord” tradicional das Illas Shetland (Escocia) e o “Foxtrot do Riodouro” unha peza tradicional portuguesa. E con Anxo Lorenzo a Ribeirana de Pontevedra e a Muiñeira a Camposa nunha suite de Muiñeiras.