Rodrigo Romaní

romani1Rodrigo Romaní (Noia, 1957) é un dos músicos máis relevantes das últimas décadas dentro do panorama tradicional e folclórico galego.

Rodrigo formou durante 22 anos do grupo Milladoiro, grupo que influiu a maior parte de músicos galegos que se adican tanto a manter viva a tradición galega como a compoñer e facer mais rico o folclore galego.

Aparte de músico tamén é director da Orquestra Folk Sondeseu. Tivo experiencias docentes destacando, entre outros, a súa labor como mestre de arpa na e-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo).

Romaní é un multi-instrumentalista (harpista excelente, tamén toca guitarras, bouzouki e ocarina), ademais de ser un notable vocalista e arranxista.

Con Tromentelo tocará a Alborada de Veiga composta por Pascual Veiga (autor da música do himno galego).