Coral Areas Gordas

A coral Polifónica “Areas Gordas” de Coiro comezou a súa andaina en Maio do 2008, grazas a Manuel Otero. En Xullo de 2008 comezan os seus primeiros ensaios e o 13 de decembro do mesmo ano constituese como asociación. Despois de 14 meses o 26 de setembro de 2009 estrease como conxunto na igrexa parroquial de Coiro.

A coral conta con experiencia en diferentes certames e galas na que mostra a súa música. Coa Banda de Gaitas Tromentelo tocará unha versión da Xota das Neves que foi arranxada para a XXVII edición da Festa do Muiño.

areas-gordas