Begoña Riobó

riobo3

Begoña Riobó é a violinista con maior proxección no panorama musical galego. Conta cunha destacada traxectoria na que foi compoñente de bandas de distintos artistas cunha gran traxectoria como son Carlos Núñez, Susana Seivane ou Anxo Lorenzo.

Begoña é a primeira violinista folk galega en liderar un proxecto co seu propio nome o grupo Riobó.

Begoña aparte de música é docente na e-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo) e tamén forma parte da Orquestra Folk Sondeseu.

Tocará xunto a Xosé Liz coa Banda de Gaitas Tromentelo un dos temas históricos do grupo a suite “Foxtrot” que é unha peza conmposta polo tema “Willafjord” tradicional das Illas Shetland (Escocia) e o “Foxtrot do Riodouro” unha peza tradicional portuguesa.