Anxo Pintos

anxo-pintos Anxo Pintos (Vigo, 1968) é un músico multiistrumentista e compositor recoñecido a nivel internacional.

Comezou con oito anos a súa andaina musical entre o Obradoiro de Instrumentos Musicais de Vigo que dirixía Antón Corral (Padriño da Banda de Gaitas Tromentelo) e do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Anxo é cofundador de diversos grupos que cambiaron a forma de ver a tradición e a música folk galega. Entre estes grupos atópase Matto Congrio, o Grupo Didáctico de Instrumentos Populares Galegos, Lizgairo ou Berrogüetto.

En materia docente é mestre de zanfona na e-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo), cargo que compaxina co de coordinador da sección de zanfonas da Orquestra Folk Sondeseu.