Anxo Lorenzo

pequ (9)Anxo Lorenzo (Moaña, 1974) é un gaiteiro cunha ampla experiencia. Comezou a tocar a frauta con cinco anos e ós seis xa tocaba a gaita. Ós oito anos comezou a estudar no Conservatorio de Vigo solfexo, harmonía, piano  e frauta barroca e gaita con Carlos Núñez. Anxo formouse con grandes gaiteiros como Nazario González “Moxenas”, Patrick Molard e Fred Morrison. Outro dos seus mestres foi Antón Corral (Padriño da Banda de Gaitas Tromentelo).

Pasou por diferentes formacións coom Xarabal, Semente Nova ou Lembranzas galegas o que lle permitiu participar en diferentes festivais intercélticos como o de Lorient, do Morrazo e o de Ortigueira.

Anxo é un virtuoso da gaita o que o levou a gañar o Premio Macallan coñecido como o novel da gaita.

Actualmente ten unha banda que leva o seu nome e co que recorre o mundo en diferentes festivais internacionais. Coa Banda de Gaitas Tromentelo Tocará a Ribeirana de Pontevedra e a Muiñeira a Camposa nunha suite de Muiñeiras que foi arranxada por Anxo Lorenzo e a directora de Tromentelo Sara Malvido.