Antón Varela

 anton-varela

Antón Varela (Ferrol, 1955) é un artesán,intérprete e compositor moi recoñecido.

No seu labor como artesán adícase a crear e fabricar gaitas de diferentes tipos e lugares, dende gaitas galegas ata Xeremías mallorquinas ou gaitas sanabresas. Antón aprendeu o oficio de artesán co mestre Seivane o que lle levou a ter unha gran preocupación pola calidade dos instrumentos que el fabrica. A súa traxectoria vese reflexada en que as súas gaitas están soando por toda a península e tamén no extranxeiro.

No seu apartado como músico, Antón tamén destaca pola súa presenza en distintos grupos que influiron a centos de novos gaiteiros como o cuarteto Os Raparigos, Berros do Castro e Os Cempés.

Coa Banda de Gaitas Tromentelo tocará a Xota das Fontes, tema que el compuxo e posteriormente gravou cos Cempés no disco “Circo Montecuruto”.