XXI Festival Tromentelo

Quedades todos convidados a desfrutar da música folk e do baile tradicional o sábado 25 de agosto partir das 22h. nos Xardíns de Andrea, para o XXI Festival Tromentelo, que se celebra no marco das Festas do Cristo do Concello de Cangas do Morrazo.

Este ano nos acompañará no esceario a Asociación Cultural os Muíños de Oliveira, de Ponteareas, e Pepe Vaamonde Grupo.

A A.C. Os Muíños de Oliveira ven a presentar o seu último espectáculo no que poderemos desfrutar dos seus grupos de baile, música e pandereteiros.

Pepe Vaamonde Grupo achégase ao festival para presentar o seu último traballo discográfico “Nas pedras do lar”. Cuarto traballo da banda na que a creatividade e a esencia da música tradicional galega se fusionan para ofrecer un espectáculo orixinal e contundente.