XVI Serán do Muíño de Fausto

Toda festa non acaba sen unha boa Foliada!

 

Como é tradicional, o sábado seguinte as Xornadas Culturais da Festa do Muiño, a A.C.F. Tromentelo aproveita o entorno do Muíño de Fausto para celebrar o seu Serán. Este evento é unha boa ocasión para disfrutar tanto da natureza como de boa música.

Facilítase un palco e unha  megafonía onde calquera que o desexe, ben sexa só ou en grupo, poderá deleitar coas súas pezas os bailaríns que a se achegan. Entre pase e pase de cada grupo farase o Concurso de “desbullada” con categoría infantil e adultos para demostrar quen roe os “carosos” máis rápido.

E como toda boa festa non ha faltar nin comida nin bebida, haberá un posto que venderá Empanada, Ovos con Pan de Millo, Chourizos ou Filloas. A partir das 24h. e para recuperar forzas na metade do Serán repartiranse papas de fariña de xeito gratuito.