XXIX Festa do Muíño

Para a Banda de Gaitas Tromentelo o mes de maio está sinalado en letras vermellas no seu almanaque. É no ecuador da primavera cando florece todo o traballo realizado pola Banda durante os meses invernais, na festa que nos viu nacer como agrupación. Como sempre hai novidades nesta data tan especial, este ano non ha de ser para menos.

A primeira fin de semana do mes de maio, entre o día 5 e 6, o Muíño de Fausto será o centro da actividade cultural na parroquia de Coiro. Este ano as Xornadas Culturais do Muíño celebran a súa XXIX Edición.

A primeira actividade destas xornadas como todos os anos é o venres no centro cultural de coiro que falará da cultura do millo na nosa comarca.

O primeiro día de festa iniciase no pavillón do CEIP Castrillón ca “Festa da Palomita”, organizada pola ACF Tromentelo. Este mesmo día a tarde comeza o bule bule na entorna do Muíño co festival infantil no que a escola da banda compartirá cartel cos grupos infantís de: Lembranzas da Ría, Peis d´Hos e Pais de San Roque. Logo dun descanso para recuperar folgos, comezará a Noite Folk  amenizada polos grupos Tres por Catro Folc e Fiandola.

Xa o domingo, no evento central da festa a Banda de Gaitas Tromentelo fara a súa actuación, O cumio chegará ó final da primeira parte da actuación ca lectura do pregón, este ano a cargo da actriz Silda García Alfaro, e ca posterior entoación do himno galego, logo a Banda proseguirá ca segunda parte da súa actuación. Pola tarde, como fin de festa actuarán As Cantigas de Elena e o grupo folc Zanfoñas Os Chavellos.