Entroido 2018

O vindeiro sábado 10 de febreiro os colectivos de Coiro organizan o Entroido na parroquia.

A tradicional Procesión do Loureiro sairá ás 17:00 horas do cruce da retirosa facendo o seguinte percorrido:
Retirosa – Castrillón – Boubeta – Miranda – Cruceiro – Devesa – Rosada – Retirosa
Para rematar a festa no colexio vello da Retirosa onde haberá un concurso de disfraces para nenos e adultos, premiando a orixinalidade dos mesmos.

Como é habitual neste tipo de evento a comida, música e baile non han de faltar. Así que xa sabedes, non faltedes a esta cita!!