En Tromentelo estamos de noraboa. A A. C. Cacarexo decidiu galardonarnos co seu Premio 2017 pola nosa labor e traxectoria.
Para nós é unha gran honra que esta asociación nos distinga. Durante moitos anos a Banda estivo dentro da propia asociación ata que decidimos constituirnos como Asociación Cultural Folclórica.
Dende aquí convidarvos ó acto que se celebrará ás 20h do Sábado 23 no Centro Cultural de Coiro.
Dende Tromentelo damos grazas a Cacarexo por lembrarse de nós, nesta e en tantas outras ocasións.