Intercambio cultural en Torrelavega

Os días 18, 19 e 20 de agosto a Banda de Gaitas Tromentelo terá o pracer de viaxar a terras cántabras para participar nas Fiestas de la Virgen Grande en Torrelavega. A nos actuación terá lugar o domingo as 18:00 horas na que participaremos na Gala Floral de Torrelavega.

Esta Gala Floral celébrase tódolos anos o domingo seguinte ó 15 de agosto. Esta Gala tamén é coñecida como Batalla de Flores, nela distintas carrozas desfilan polas rúas da cidade ó son de distintos grupos folclóricos. É un evento caracterizado polo colorido tanto do confeti como das serpentinas que culminan as festas na honra da Virgen Grande.

Este desprazamento xorde do intercambio cultural que celebramos ca Agrupación De Danzas Virgen De Las Nieves de Tanos. Agrupación que recrea bailes rexionais cántabros lucindo os seus traxes rexionais típicos. No noso XX festival que se celebrará o 26 de Agosto teremos o pracer de contar ca súa presencia.