XXVIII FESTA DO MUÍÑO

Como cada ano ca chegada do mes de maio chega unha nova edición da festa do muíño. Como cada ano o primeiro domingo de maio  na Parroquia de Coiro celebrase a festa do muiño, o 6 e 7 de maio poderemos disfrutar do entorno cultural da nosa parroquia.

 

Como xa ven sendo habitual, o día anterior ó comezo das xornadas as 20:30h haberá unha charla no centro cultural de Coiro que falará de novas tecnoloxías e patrimonio.

O primeiro día de festa comezará pola mañá no CEIP castrillón ca tradicional “festa da palomita” organizada pola ACF Tromentelo. O sábado a tarde xa no muiño, a escola da banda compartirá cartel cos grupos infatís de distintas asociacións do concello de Cangas. Unha vez rematado o festival infantil e tralas pertinentes probas de son comezará a Noite Folk amenizada polos grupos Virandeira Folk e Os Demos do Buraco.

O domingo a Banda de Gaitas Tromentelo fará a súa actuación. No descanso da Banda lerase o pregón da festa que este ano será a cargo de Luís Correa ” O Caruncho”. Xa pola tarde para rematar a festa, actuarán as Pandereteiras Lagharteiras e o grupo folk Diese.