O sábado 12 de novembro as 20:00 terá lugar a gala que pechará un ano moi especial no seo da Banda de Gaitas Tromentelo. Será unha Gala na que se lembre a historia da banda, dende os comezos ata a actualidade.
O evento será unha actuación de Tromentelo xunto con artistas convidados nos que se tocarán pezas que marcaron parte da historia da banda ben por ser un tema o cal se tocou durante moito tempo ou porque marcou un antes e un despois na banda.
Os músicos convidados son: (Se pica enríba do nome poderá ler unha pequena biografía do convidado)
Coral Polifónica Areas Gordas de Coiro
O evento terá lugar no Auditorio municipal de Cangas e a entrada ten un custo de 3€. O que se obteña das entradas irá destinado a sufragar os gastos correspondentes a gala.