XIX Festival Tromentelo

FESTIVAL-TROMENTELO-XIX-2016

Como cada ano, e xa van 19 edicións, o sábado 27 celebraremos o noso festival onde queremos amosar os froitos de todo o traballo feito ata o de agora.

Este ano contaremos con tres convidados. O primeiro deles é Anxo Pintos, músico cunha ampla traxectoria en distintas agrupacións relevantes para a nosa música podendo destacar entre outras Matto Congrio, Berrogüetto ou a Orquestra folk Sondeseu. Tamén vendrá a agrupación Inquedanzas Tui que é unha agrupación de baile galego cunha ampla traxectoria tanto ó longo da nosa xeografía como no estranxeiro. Por último contaremos co grupo Folk Gaveta, grupo que nace da despois de coincidir os seus compoñentes na E-Trad (Escola de música tradicional de Vigo), e posteriormente na Orquesta folk Sondeseu onde decidirán consolidarse como fomación.

Como novidade, este ano o festival será nos Xardíns de Andrea para así poder estar nun entorno máis tranquilo onde a única distracción sexa a nosa música e a dos nosos convidados.