Charla Coloquio acerca das Bandas de Gaitas

a4charla

Co motivo de que hai xa 25 anos que comezamos a nosa andaina, o vindeiro venres 6 de maio as 21 horas, a ACF Tromentelo vai organizar unha mesa redonda onde cinco directores de bandas de gaitas farán unha análise da evolución desta forma de agrupación tan característica e con gran tradición na nosa terra.

Os participantes desta mesa redonda serán Antón Corral, Lito Gago, Pedro Álvarez Fariñas, Xaquín Xesteira e a nosa directora Sara Malvido. O moderador da charla será o antigo director e membro fundador da Banda de Gaitas Tromentelo Xaquín Camaño. A continuación describiremos os Ponentes.

  • Antón Corral: Mestre de mestres

Considerado un dos artesáns máis influentes na construción da gaita galega e un dos principais artífices da recuperación e difusión da mesma.

A súa labor de artesán desenvolveuna principalmente en dous puntos da xeografía galega Lugo e Vigo. O seu principal legado deixouno en vigo logo de dirixir o Obradoiro de instrumentos da Universidade Popular de Vigo que dirixiu ata o ano 2.000. Cabe destacar que Corral interesouse por perfeccionar a gaita, traballando especialmente no timbre e afinación do punteiro chegando a experimentar con novas tonalidades

No eido didactico aparte de fundar a Banda de Gaitas Xarabal, banda que serviu de espello para outras que se crearon con posterioridade, impartiu clases en moitos puntos da xeografía do País como Ortigueira, Lugo ou Vigo.

É unha persoa importante para Tromentelo xa que foi o padriño da Banda de Gaitas e foi el quen nos entregou o noso primeiro estandarte.

A súa longa traxectoria vese refrendada con distintos premios e galardóns como: Premio “Artesán distinguido” a nivel nacional (1977)  Primeiro premio “Diseño” do Ateneo de Ourense (1983). Primeiro premio “Gaita de Ouro” do Ateneo de Ferrol (1996). Nomeado Vigués distinguido en 2001.

  •  Anxo Gago  “Lito”: Gaiteiro Autodidacta e arranxista

Gaiteiro de longo percorrido, mestre e compositor.  É coñecido  por traballar e coidar os instrumentos e ensinar a tocar a gaita a novas xeracións de amantes da música tradicional galega na comarca do Morrazo. Autodidacta dende pequeno  que foi cando comezou a interesarse pola música tradiconal, ata os cuarenta anos non puido estudar no conservatorio.

No 1993, tras dar clases no colexio público do Hío, fundadou a Bande de Gaitas Manxadoira. Banda que dirixiu ata o 2007, momento no que lle encomendou as tarefas de dirección a Marcos Campos.

Na actualidade Tromentelo interpreta nos seus concertos a Muiñeira de Vilariño, peza composta por Lito e adicada a aldea de Vilariño.

  • Xaquín Xesteira: Gaiteiro, percusionista e arranxista

Gaiteiro que conta cunha ampla traxectoria na música tradicional e no mundo do Folk. Vinculado dende a sua infancia coa música tradicional, tivo como principal mestre o gaiteiro Nando Casal.

Cursou estudos de gaita no conservatorio Superior de Música de Vigo. Colaborou como gaiteiro e percusionista en grupos como Milladoiro Fuxan os Ventos e Na Lúa, tamén participou en traballos de Rodrigo Romaní e Malvela.

Membro da Orquestra Folk Sondeseu. Tamén é fundador do grupo Treixadura, director do Coro da Agrupación Cantigas e Agarimos e compoñente do Grupo de Gaitas Os Faiscas de Solobeira.

No eido lectivo, na actualidade, é profesor de gaita e percusión na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo. Ten publicado un Método de Gaita Galega en dous volumes.

  • Pedro Fariñas: Gaiteiro

Gaiteiro de pouca idade pero que xa conta cunha ampla experiencia no mudo Folk e música tradicional.

Iniciouse xa dende pequeno no ámbito da gaita. Cursou estudos no Conservatorio Prefesional de Música de Vigo onde acadou a Títulación Profesional na especialidade de “gaita galega”, no Conservatorio Superior de Música de Vigo obtivo a Títulación Superior na especialidade de Instrumentos da música tradicional e popular de Galicia. No Royal Conservatoire of Glasgow (UK) cursou estudos de highlandpipe, whistle e flauta irlandesa.

Na súa traxectoria musical formou parte da Banda de Gaitas Xabarabal onde chegou a ser solista, co-director e encargado da Percusión, tamén é membro fundador do cuarteto Anacos de Buxo ou TRIM. Participou como solista no MUSGAFOL (concerto de música académica galega para gaita de fol). Estivo vencellado a escola de gaitas da deputación de Pontevedra nas sedes de Lalín e Cangas. Actualmente é o director da Banda de gaitas e percusión María Soliña de Cangas.

Gañador de varios premios solistas de categoría mundial como o trofeo McCrimmon coñecido como o “Nobel da Gaita”. Tamén Gañou o Memorial Manuel Villanueva, 2009 (Poio), 2º premio no concurso Avelino Cachafeiro de Soutelo de Montes, 2011.

  • Sara Malvido: Gaiteira, percusionista e directora da Banda de Gaitas Tromentelo

Sara é unha música Polifacética, conta con formación e diversos ámbitos da música tradicional e ten experiencia en actuacións musicais en toda a xeografía nacional e festivais de renome a nivel internacional.

Comezou a idade de 12 anos a aprender música na actividade extraescolar do colexio de Coiro de gaita e percusión. A súa principal formación obtivoa na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, escola que posteriormente pasaría a ser e na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo (ETRAD). Destacan os seus estudos en Canto Tradicional (1998-2002), Percusión (2003-2005), Requinta (2007-2010) e Zanfoña (2012-actualidade). Tamén fixo estudos de Linguaxe Musical, Movemento escénico e Artes Escénicas.

Aparte de Ser membro fundador de Tromentelo, tamén fundou o grupo tradicional e folk Abaladoiro, Orquesta Folk Sondeseu e estivo enrolada na AC O Fiadeiro de Vigo como Pandereteira. Como compoñente destes grupos gravou e colaborou na gravación de traballos discográficos como “Mar de Vigo”, “Trastempo”, “Barlovento” e “Danzas brancas” con Sondeseu e “O fiadeiro” coa asociación que leva o mesmo nome.

Compaxina as súas labores de diretora na Banda de Gaitas Tromentelo con labores docentes en diversos colexios como mestra de actividades extra escolares.  Tamén imparte clases na Asociación Cultural Deportiva San Vicente de Trasmañó (Redondela), no que actualmente se formou o grupo A Tirapuxa, e no Centro Cultural Meirande de Rande (Redondela).